sábado, 24 de octubre de 2020

Made in Galiza - Sechu Sende

 Made in Galiza, antes de nada fai que un imaxine que o libro vai tratarse sobre Galicia, como é o caso. Pero tamén sirve para recordar que en Galicia, ese país cheo de prexuízos: atrasado, os do acento, os das cabras polo monte, os cantaríns… Tamén creamos cousas, e somos máis adiantados do que cren. Isto como introdución a unha gran obra Made in Galiza, e non en calquera outra parte.

O que máis chama a atención sobre como Séchu Sende enfoca o tema da situación sociolingüística do noso país é, que en todos os relatos intenta ser o máis crítico posíbel, pero dende unha posición satírica, imaxinativa, e moitas veces irreal. Os relatos están cheos de metáforas, e de retranca propia de nós os galegos. Exemplo dos relatos que máis me chamaron a atención son “Eu fixen ouigha co espírito de Castelao”, no que nunha clase todo o mundo falaba galego menos o protagonista, polo que a profesora decidiu axudarse da ouigha e falar con Castelao. Tras unha longa conversación, Castelao preguntoulle aos nenos se falaban galego e como todos o falaban o protagonista xurou que a partires daquel momento falaríao el tamén.

Outro que denuncia a situación da gramática é “Nh positivo”, relato no que hai unha conversación entre o Nh e o Ñ, dende el critícase o uso do Ñ na gramática galega cando o noso dígrafo orixinal é o Nh.


No primeiro relato “Falar”, os pais falan entre eles galego, mais cando se dirixen á súa filla pequena cambian de idioma e non lle falan máis que castelán.

“Estudo sociolingüístico sobre a mocidade baixo os efectos das drogas”. Faise un estudo a adolescentes baixo o efecto de drogas e alcol para saber cal era a opinión desta rapazada sobre a situación do galego. A conclusión foi que as opinións eran moi contradictorias aínda que a maioría estaban a prol de cambiar a situación que vive a nosa lingua.

 Outro relato é “Na oficina de obxectos perdidos” nos que unha persoa vai en busca da súa lingua que a perdeu. Nun centro onde se recollen as linguas perdidas, axudáronlle a recoñecer cal era súa lingua, e tras atopala a persoa volveu falar galego.


Moitos dos relatos desta obra fan que o lector reflexione sobre a facilidade de perder a lingua, simplemente porque deixas de falala ou a cambias por outra. En relatos como “Na oficina de obxectos perdidos” trata o tema da perda da lingua.

Outros relatos tratan o tema da imposición doutra lingua que fai que se perda a lingua propia. En relatos como “ O ladrón de palabras” abórdase o tema da entrada do estranxeiro e a imposición dunha lingua allea ás nosas terras.

 Tamén cabe destacar “Instrucións para aprender a hablar gallego”, neste relato aparecen unha serie de guións que un debe seguir para falar o noso idioma. Nun guión explica que cómpre disfrazarse para así pasar desapercibidos. Isto último é moi certo, e unha das situacións máis tristes é a de non falar a lingua propia por medo das críticas e do que dirán as demais persoas.



Séchu Sende trata en todos os relatos o tema do conflito lingüístico así como a situación do galego no momento. O autor consigue criticar o panorama da lingua con grande éxito e pasa iso ideou relatos sen sentido, imaxinativos e outros nos que a realidade vese invertida. Exemplo dos relatos nos que se retrata o que acontece na nosa terran son: 

“Na oficina de obxectos perdidos” No que de xeito metafórico e literal, unha persoa perde a súa lingua e fala en castelán. A parte orixinal é que existen centros onde se recollen linguas perdidas e para que o protagonista recuperara a fala en galego tivo antes que recoñecer cal era a súa lingua para así volver poder usala e falar no seu idioma. 


Relatos coma este fan reflexionar en que as persoas que teñen  unha lingua de seu e que deixan de usala non é porque a perdan como ocorre no relato, senón que simplemente a abandonan.

“Falar” Un relato no que se plasma a realidade galega ao cen por cen. Uns pais acaban de ter unha filla e ela decátase de que falan entre eles unha lingua pero cando se dirixen a ela falan outra totalmente diferente.  Fálanlle nunha lingua diferente porque pensan que a súa filla terá mellor futuro con esa lingua. Debido á diglosia e aos prexuízos, os pais falan a súa lingua cotiá ( o galego ) entre eles e cos avós, mais con Clara cambian a lingua e fálanlle en castelán. 


“Madrith” Neste relato vese reflectida a situación do galego, pero dunha maneira invertida, pois no relato ocórrelle ao castelán. Ninguén fala o castelán en Madrid, xa non se usa nas rúas nin nos autobuses, xa nin se estuda nas escolas. A xente non o relaciona coa modernidade e incluso disimúlase o acento madrileño porque soa mal. Ademais, o narrador conta que o seu uso quedou reducido ao ámbito familiar, mais que el coas súas fillas ía seguir falando a lingua da súa cultura.


Para concluír, cabe destacar o grande éxito da obra para denunciar e criticar a situación sociolingüística do noso país, así como para tratar o tema da desgaleguización que sofren as nosas rúas. Séchu Sende faino dende unha perspectiva satírica, o que probablemente fai que a obra sexa fácil de entender e atractiva para a lectura. Ademais, sen esquecer a retranca propia nosa, consegue facer uns relatos a prol da lingua na meirande parte deles globalizados e que se lle poden atribuír a calquera lingua que este asoballada por outra, como é o caso do galego.


Recomendar esta lectura? Pois a calquera que saiba ler, por la súa sinxeleza e pola beleza dos seus relatos. Pero sobre todo a aquelas persoas que din que o galego non ten problemas, que non esta asoballado ou a aquelas persoas que están cun pé en cada lado e teñen medo de falar galego polo que dirán.




No hay comentarios:

Publicar un comentario