O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS
•OS HOMES E A NOITE.
Un home chamado Mingos estaba de noite nunha festa a piques de bailar cunha rapaza, mais nese intre chegou un rapaz longo e moreno chamado Aloi que lle dixo que os estaba esperando o Pitutas, un home de Vigo, e foron onda el.
Ao chegar o Pitutas lles dixo que lles tiña un traballo e que consistía en armar unha liorta na festa para que el puidese coller a un neno e matalo, todo isto a cambio de mil pesetas.
Mingos e Aloi de primeiras resentidos tiñan medo, pero cedo aceptaron e foron ao medio dun baile e empurraron a un rapaz que estaba bailando cunha moza, provocando así que unha liorta que rematou coa chegada da Guarda Civil, e coa fuxida do Mingos e do Aloi.
Cando fuxiron o Aloi díxolle ao Mingos que vira ao Pitutas fuxir cun nego moreno e duns cinco anos. O Mingos ao escoitalo pensou que era o seu fillo e foi correndo tras do Pitutas. Como este non quería que lle fastidiára o plan matou ao neno, pero o Mingos colleuno pola testa e deulle tantos golpes contra o chan que abriu o seu cráneo.
Finalmente Aloi recoñeceu detidamente ao neno morto no chan e díxolle ao Mingos que non era o seu fillo, mais este amosoulle total indiferenza de haber dous mortos.
•DUAS CARTAS A LOU.
Ramón Fraiz que está en Vigo escríbelle dúas cartas á súa moza que está en Puech Merlhou dicíndolle que ía contar os seus segredos amorosos.
Na primeira carta Ramón cóntalle que cando era máis rapaz saíu da súa aldea cun plan secreto, que durmiu na rúa ata que por fin atopou a casa que buscaba, á que el chama "casoupa", e entrou nela. Alí estaban a Vella ,unha muller con moitos anos que estaba sentada nun tallo e ao seu carón estaba o Xaquín, deitado nunha cama. Cando o viro entrar, dixeron lle que marchara. Mais a Vella finalmente deixouno quedar na casa.
Ramón pasou naquela casa varios día durmindo nunha habitación e comendo un caldo que a vella, que era cega lle traía. Un día espertou e viu que o Xaquín non estaba e que a Vella xa non era vella, senón que agora era unha moza que lle dixo que ían ter un fillo e que lle ían chamar Xaquín. Pero Ramón díxolle que se ía ir da casa e a vella respondeulle que xa viría alguén a facerlle o fillo.
Finalmente remata a carta dicíndolle a Lou que esa era a primeira muller da súa vida.
Na segunda carta cóntalle que atopou o seu camiño, o seu talento, que é tocar o piano.
Un amigo lle dixo que tiña que ir visitar o salón da señora Nores, onde foi unha noite e toda a xente lle mandara tocar. A partir deste día volveu máis veces ao salón e sempre antes de tocar o piano, miraba pola xanela e miraba que na casa de enfronte había unha cara cuns ollos distantes.
Un día a curiosidade levouna a casa esa, que ao entrar decatouse de que cheiraba mal. Alí viu a unha muller sentada nunha cadeira baixa cun cobertor que lle cubría as pernas. El acercouse para bicala mais ela detívoo e ensinoulle as súas pernas, que eran unicamente osos cunha pel negra e fedorenta. El horrorizado volveu ao salón da señora Nores e tocou a súa mellor peza de arte á que aplaudiron todo o público.
Ramón conta que embebedou coa boa xenebra da señora Nores e pouco despois foi á casa de enfronte, a de Ana, e cun revolver matouna de tres tiros na testa. Bicouna nas feridas que lle provocou e fuxiu.
Remata finalmente dicíndolle a Lou que agora xa o coñecía, coñecía os seus segredos amorosos e tamén as dúas mulleres da súa vida antes ca ela.
•O SUSO.
Manolito estaba na casa, era de noite e o Suso fora a súa casa a buscalo, tirando pedriñas á súa fiestra para que este asomase e el lle dixera que baixara. Manolito baixou moi feliz de que o Suso, un rapaz que se facía escoitar de entre os rapaces, que aínda que non mandaba, senón que desexaba todos lle facían caso; fora buscalo a el esa noite.
En canto Manolito baixou, o Suso lle dixo que ían ir ao río da Barbaña, que fede por culpa do lixo que provén de Ourense, porque alí se afogara un rapaz. Manolito asinte porque non quere que o Suso saiba que ten medo, pero este acompañouno morto de medo.
No río, o Suso díxolle que se tiñan que separar para buscalo rapaz. O Manolito buscou e atopou ao rapaz, chamou ao Suso pero este non respondía, polo que decidiu mirarlle a cara para ver quen era o rapaz, e decatouse de que era o Suso. Manolito aterrorizado volveu a casa correndo e pola mañá mirou pola xanela ao río mentres escoitaba ao rapaces berrar que o Suso afogara onte no río.
•BOAS NOITES, EIRE
H. Eire espertou e dentou na súa cama. Mira pola ventá e decátase de que está chovendo e pola noite non chovera. Máis ala da choiva ve unha muller que bate unha alfombra e recordou o que ocorrera a noite pasada.
H. Eire colleu un papel en branco e comezou a escribir:
Luns 1 de xaneiro. El estaba nun bar cos seus amigos a noite de fin de ano, igual que toda a xente da vila que cheaba o bar esta noite. Os seus amigos tiraron os vasos contra a parede e fuxiron. Entón decatouse de que había unha muller que estaba bebendo soa no bar, Violeta. A ela fixéralle moita graza que os mozos tiraran os vasos e fixo o mesmo conseguindo a atención de todos os presente no local.
Eire acercouse a Violeta e tras pagar o vaso esnaquizado saíron xuntos. Tras un curto paseo no que H. Eire preguntaba pola vida de Violeta decidiron ir tomar un coñac, e ao rematalo e como Violeta estaba cansa colleron o camiño de volta a casa.
H. Eire entrou no portal de Violeta, bicáronse e logo subiron ao seu piso. Alí Violeta explicoulle a súa vida. Agora ela vivía co seu tío Calros Bao que sempre está bébedo e cando esperta pídelle sifón e esíxelle acostarse con el. Rematou a súa historia con saloucos entrecortados. Eire bícaa nas meixelas e despídense cun "boas noites".
•DIARIO.
Terceira Feira. (Martes)
O eu narrativo di que baixou as escaleiras da súa casa para ir ao bar de enfronte e escribir o seu diario. Non durmiu en toda a noite por culpa das campás da catedral.
Asomouse pola xanela, toda Compostela estaba durmida menos el, sentiu que na rúa había moito medo e decidiu pechala fiestra, pero o medo xa entrara no seu cuarto. El sabía que entrara e que estaba na súa cama pero non sabía que clase de medo era.
Acendeu a luz e sentiu como algo lle mordía o pescozo, o seu cabelo púxose roibo e eléctrico. Abriu a boca para berrar pero non lle saíu o sonido e saltou pola ventá.
Espertou pola maña no chan, con dores e feridas na cabeza.
Cuarta feira (mércores)
O protagonista di que é carpinteiro pero que todos os seus xefes o botan, e que por cada vez que o botan corta un dedo, de feito xa ten unha man sen dedos. Tamén di que o Rector é o mellor home de Santiago, que lle deu diñeiro e o recibiu.
Pensou en non volver a casa pola noite, xa que o medo estaría na súa cama fumando os seus pitos. Pero estaba canso e subiu as escaleiras do seu edificio.
No segundo piso, Eusebia Cons, una veciña, pediulle lume. El comezou a fixarse nela e tirouna ao chan con facilidade, xa que só tiña unha perna. El tiña intención de violala, pero quedou durmido no chan da escaleira.
Quinta feira (xoves)
Di que foi un mal día. Atopou a Eusebia Cons que o ollou fixamente e el púxose vermello de vergoña. Camiñaba pola cidade morto de vergoña porque pensaba que Eusebia contara o que ocorrera a todas as vellas. De súpeto pensou que todo era feito polo seu pai para rebentalo.
Foi ao seu cuarto e alí non había medo ningún, mais cheiraba a chinches aínda que el sabia que non eran chinches senón o seu pai que estivera alí remexendo nas súas cousas e fumando os seus pitos. Entoncen suou vermello porque pensou que o seu pai vira a roupa intima de muller que una vez mercara e que bicaba os dias de choiva.
Sesta feira (venres)
Di que segue escribindo o seu diario, pero que sabe que non será longo. Di que o que máis lle custa é recordar cando pasaron os feito. E tamén di que foi escravo do seu pai e que lle paga con pitos de contrabando.
Esa noite baixou polo cano da auga para deitarse con Eusebia Cons ata chegar á súa fiestra, e entrou por ela. Alí escoitábanse dúas respiración a primeira era a de Eusabia e a outra decatouse de que era a do seu pai polo seu fedorento alento que lle daba noxo. El sentiuse moi triste e tras baixarlle dúas bágoas pola meixela baixou polo cano da auga saloucando.
Sábado ( en verdade é o día anterior)
Conta o que vai pasar ó día seguinte. Di que o conta xa porque vai aforcarse. Vai coller a bicicleta e vai ir blasfemando para caerlle mal a Eusabia. Logo vai facer unha estampa de aforcado e aforcase.
Sábado (de verdade)
Tiña pensado xa aforcarse, pero non o fixo. Tomou barbitúricos e durmiu toda a noite. O seu pai decatárase de que ia aforcarse e deulle pitos e unha aperta. Como viu que o seu pai estaba mais ben feliz porque se ía aforcar, lembrou como o odiaba a el e aos seus beizos finos que besaban á súa nai, e decidiu matalo dunha navallada.
•UN CHINCHE DURME NO TEITO
León Barreiros é un estudante de universidade que vive na pensión Miguez de Compostela e que escribe o seguinte:
León Barreiros vive na pensión xunto con outros estudantes, conta como o lugar cheira a suor e que en Compostela leva un mes chovendo sen parar.
O seu cuarto está preto do teléfono e cada vez que alguén o usa,el escoita a conversación pero nesta última, comeza a pensar no seu problema.
A súa nai morreu hai tres días e el non sentiu nada por ela, tíñalle moito agarimo mais non sentiu nada, polo que está preocupado por ser excepcional. Conta o día que foi a un café e sentaron ao seu carón dous homes vestidos de negro e que falaban das súas nais, el tomouno coma unha indirecta porque el, que lle morrera a súa nai non ía de negro. Decidiu saír antes de que fora tarde e fixera algo malo, e foi á pensión.
Agora deitado na cama, volve escoitar a conversación do teléfono. O chinche que estaba no teito cae sobre a cama, o colle e o esmaga coa man. Entonces veu Carmiña, a criada a dicirlle que baixara a xantar, el díxolle que morrera a súa nai pero que non sentía nada, pero Carmiña o que lle dixo foi que non tiña boas pintas polo que León mirouse no espello e berrou asustado ao vela súa cara.
O domingo el deitado na cama comeza a pensar que el podía ter sido calquera persoa no mundo e que nin sequera sabe porque está escribindo isto. Añade que dende que morreu a súa nai case non sae do seu cuarto que xa leva meses chovendo e a auga case chega ao seu balcón. Nese intre uns amigos vascos berráronlle pola ventá para ir ao café e el como pensaba que a auga chegaba ao seu balcón de tanto que chovía, tirouse á rúa.
•A CASA AZUL
Rosa é unha muller de 20 anos de idade que vive co Portugués. Un día díxolle que estaba embarazada e el respondeulle que tiña que ir á Casa Azul, ela con medo dille que non, que non ten porque ir, que non sabe o camiño e que ninguén manda ir ás mulleres embarazadas. O portugués limitase a dicirlle que ten que ir porque é o costume e que alí as mulleres son felices.
Rosa farta berra dicindo que non son homes,que o único que fan é deixar embarazadas ás mulleres e logo mandalas á Casa Azule que sempre eran elas as que calaban e o fan todo. O portugués pégalle e a deixa no chan,cando esperta volve preguntar se pode non ir á Casa Azul, mais el di que non hai maneira. Rosa asimila as ordes e vaise á Casa azul.
•RAMIL, RAMIL, VAS MORRER
•A CABEZA FENDIDA
Na praia estaban María e Gustavo Comesaña, un xogador do Celta. Estaban nunha praia de Vigo e María tiña moito medo de a vira o seu xefe, porque se a vía a botaría e entoncen xa non tería de onde sacar os cartos para vivir ela e máis a súa nai. Ela pasou practicamente todo o día lendo a súa novela e el durmindo mentres tomaba o sol. Ningún dos dous entrou na auga porque seica estaba fría.
Á hora de comer comeron canto puideron e antes de que o sol caera, decidiron vestirse para marchar na moto de Gustavo antes de que se fixera de noite. Xa de camiño á moto bicáronse entre os piñeiros e da emoción María saltou dende un penedo, caíu sobre a cabeza e morreu. El non sabía como actuar foi buscar axuda a un pequeno bar pero pensou que o dono ía dicirlle que non era asunto del, polo que pediu un coñac pagoulle a botella enteira e foi aos piñeiros, alí comezou a chamar a María aínda que sabía que xa non lle respondería.
•O CADRO ASASINO
Helena e Silvio son un matrimonio de pintores que están a discutir e que están a piques de separarse. Discuten porque un lle bota ao outro a culpa de ter matado ao que eles chaman o seu fillo, un cadro que pintaron entre os dous. Teñen remorsos de telo asasinado, mais din que era feo. Tiña a cara verde e a súa mirada e as súas mans eran anormais.
Finalmente din que aínda que o mataron afogándoo na bañeira, agora as súas vidas volverán á normalidade.
OPINIÓN:
Vaia libro, a verdade é que é un libro realmente estraño. Ningún dos relatos remata como un pensa ao comezalos. Todos comezan coma relatos normais, contando unha historia e dalgunha maneira todas as historias rematan dunha forma repentina e tráxica. É común a todos ou a case todos os relatos a morte, se non morre o protagonista morre outra persoa. Este feito unha vez que les os primeiros, fai que o teu cerebro, nada máis comezar un relato, comeza a pensar e a poñer hipóteses de como vai ser o final e de que maneira vai morrer alguén.
Neste libro o meu relato favorito foi “Un chinche durme no teito”, sorprendeume xa que me esperaba calquera final menos o de que o protagonista se tirara pola venta. Pero chamoume máis a atención como durante todo o relato o protagonista repetía: chove moito, non para de choper, a auga chega ao meu balcón… E aínda así non me imaxinara o final. Pareceume moi orixinal ao igual que o relato de “o Suso”, na que o rapaz que morrera era el mesmo o que fora avisar ao Manolito.
A única pega que lle podo poñer é o vocabulario, está escrito nun galego algo antigo e a comprensión total dos relatos faise algo difícil sobre todo no relato de “Ramil, Ramil vas morrer”; isto compénsao o corto que é o libro polo que non hai problema algún en que o poida ler calquera persoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario