sábado, 16 de diciembre de 2017

En pé ! Ramón Cabanillas

En pé ! Ramón Cabanillas

"A noite da Frouseira" : A fortaleza da Frouxeira esta situada no concello de Foz, Lugo. Actualmente só se conservan algunhas ruínas del. Este castelo pertencía a Pardo de Cela, que o recibira como dote ao casar coa filla do conde de Lemos. Este lugar foi moi importante daquela, porque debido a súa localización xeográfica, foi unha das maneiras de impedir que chegasen as tropas dos Reis Católicos a esas terras, que finalmente conseguiron.
"O día do Medulio" : Provén dunha batalla que houbo no Monte do Medulio, na que se enfrontaron os romanos contra os galaicos, que non querían ser os escravos dos primeiros. Este monte que non se sabe onde esta situado, en Galicia , en Asturias ou en Cantabria. Serviulle aos galaicos de refuxio para defenderse dos romanos.
"Reises de Castela" : Refírese aos reis de Castela, que daquela eran os monarcas de España, ao que estaba  sometido o reino de Galiza.

2.Interpretación do poema.
I Estrofa : Chama aos galeguistas, que se ergan con firmaza. Bañados pola luz do sol, sen medo, dispostos a escoitar calqueira mensaxe amiga.
Avisa para prepararse á loita das dúas maneiras posibles, a violenta, con armas básicas como a fouce. E a pacífica, coa que se refire á oliva, simbolo da paz.
Anima a loitar no bando da bandeira común dos galegos e a reivindicar os dereitos de darlle liberdade e unha nova vida ao pobo galego.
II Estofa : A voz poética recorda como os reis Católicoscoa axuda dos traidores conseguiron acabar coa rebelión de Pardo de Cela, no castelo da Frouxeira, e como todo isto levou a escravización de Galicia.
Falando agora do presente das Irmandades da Fala, di que as cadeas de escravitude xa estan acabadas e que é hora de comenzar de novo.
Chama aos galegos oprimidos pola chente de fóra, a erguerse todos xuntos detrás da bandeira azul e branca, para formar unha nación.
III Estrofa : Pon de exemplo o Reino Suevo, que tivo una época de explendor. E volve animar a loita anetes de morrer. Poñendo outro exemplo positivo histórico; neste caso a resistencia aos romanos no monte do Medulio. Que con sangue quente conseguiron a liberdade e a súa honra.
A voz poética volve ao presente, e reivindica a bandeira galega, pero que agora xa ondea no ceo; e co fouce e a oliva nas mans, indicando a paz e a loita. E para rematar pide que se griten en alto para que se entenda, que a nosa terra é nosa.

3.Tema e Subtemas.
O tema principal do poema é: chamada de atención aos galegos para reivindicar o que é de seu.
Os subtemas son o explendor de Galicia anteriormente, creación dunha nación e reivindicación da bandeira galega.

4.Resumo.
Ramón Cabanillas chama aos galegos a loitar polo que é de seu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario